A.C. O Pasatempo Mondoñedo
A.C. O Pasatempo             Mondoñedo

INICIO

A A. C. O Pasatempo de Mondoñedo é unha asociación sen ánimo de lucro e que está formada por uns 50 soci@s de todos os rangos de idade. O obxectivo principal é a dinamización da acticidade cultural de Mondoñedo a través das diversas actividades que realiza ao longo do ano. Temos eventos fixos que están totalmente consolidados pero as nosas inquietudes fan que realicemos actividades extraordinarias que teñen grande repercusión.

Ao mesmo tempo colaboramos en moitos actos culturais de Mondoñedo, polo que facémonos partícipes das iniciativas de outras organizacións.

Todas as novas da asociación

Últimas prazas para apuntarse ao VIII Torneo de fútbol sal O Pasatempo

 

A pouco máis de unha semana para a celebración do VIII Torneo de fútbol-sala O Pasatempo de Mondoñedo, sigue o plazo aberto para anotarse, ainda que solo quedan as últimas plazas. Recordar que o plazo de inscrición remata o mércores 8 de xuño, día no que se celebra o sorteo.
O torneo mindoniense conseguiu colocarse como o referente na Mariña polos seus premios (máis de 3000€ en premios), polo gran nivel dos equipos e, sobre todo, pola gran afluencia de público en toda a fin de semana.

Os teléfonos para informarse e anotarse son 651958770 (Israel) e 630314749 (Javi)

Aberto o prazo para inscribirse no VIII Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo.

 

10-11-12 Xuño 2016

1º clasificado 1700 + trofeo
2º clasificado 700 + trofeo
3º e 4º clasificado 250 + trofeo
Mellor equipo local 150 + trofeo
Último clasificado: Tarta de Mondoñedo

Mellor xogador - Máximo goleador - Mellor porteiro - MVP da final

Inscrición 120 - Árbitros federados - Desconto no aloxamento en hostais - Zona de acampada

Todos os trofeos artesanais e exclusivos.....

Ainda queres mais?
Pavillón cheo todos os dias, noites espectaculares, ambiente puro de fútbol-sala, equipos galegos, asturianos, leoneses.....e churrasco!!!

E, como sempre, algunha sorpresa porque somos......#MáisQueUnTorneo!

Festa da árbore 2016

 

Coma tódolos anos a Asociación Cultural O Pasatempo celebra a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 9 de abril en Mondoñedo.

A partir das 12h da mañá no Parque do Cemiterio Vello de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, …) para todas as idades coa colaboración da Delegación de deportes do concello mindoniense. Finalmente arredor das 13:30h plantarase a árbore no propio Parque, acompañando o acto con música. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “V Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

En marcha o VIII Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo

Xa está todo en marcha para o XXIV MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO. Os días 7, 8 e 9 de agosto non te podes perder a mellor festa da cidade donde todos os veciños voltamos ao medievo. Este ano, coma todos os últimos a Asociación participa todos os días animando as rúas, nomeando Damas e Cabaleiros, organizando una voda e pasándoo moi ben que é do que se trata. LARGA VIDA AO MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO!!

Queres formar parte dun grupo de percusión e actuar no Mercado Medieval? Anótate ata este venres 3 de xullo na Oficina de Turismo, na Casa da Xuventude, mandando un privado ó facebook de O Pasatempo Mondoñedo ou en persona na Anpa Escola Música Mondoñedo o xoves 2 de xullo ás 21h. Escribe o teu nome e número de teléfono, e poñémonos en contacto contigo!!

Xa temos o cadro de participantes e horarios

do VII Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo. A partir de mañá empeza o bo. Non te olvides de pasarte polo pavillón a disfrutar do mellor torneo da Mariña. Como todos os anos temos temos cantina con churrasco a precio económico.

 Xa está aquí o torneo referente do verán de A Mariña. Os días 12-13-14 de Xuño, esperamosvos no pavillón de Mondoñedo.
Xogadores de máximo nivel, partidos emocionantes, gradas cheas de público, trofeos artesanais e.....churrasco!

Info:

Campión 1500 + trofeo
Subcampión 600 + trofeo
3º e 4º 220 + trofeo
Millor equipo local 120 + trofeo

Máximo goleador - Mellor xogador - Mellor porteiro

Inscrición 110 - Árbitros federados - Descontos en aloxamento

+info: 630314749 - 651958770

 

Vémonos en Mondoñedo os días 12, 13 e 14 de xuño.

Festa da Árbore 2015

 

Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo.

A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade. Dende as 11h no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais, durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

 

 

 

Cartel gañador do "IV Concurso de debuxos da Festa da Árbore" Feito por Santiago da Escola Infantil.

 

 

 

Cartel gañador do "IV Concurso de debuxos da Festa da Árbore" Feito por Ánxo García.

 

 

 

Xa temos data oficial para o VII Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo que será os días 12, 13 e 14 de xuño.

Mondoñedo
Teléfono:
Teléfono móvil: 651958770
Fax:
Dirección de correo electrónico: