A.C. O Pasatempo Mondoñedo
A.C. O Pasatempo             Mondoñedo

Festa da Árbore

O Pasatempo recolle o testigo do rexedor Luis de Luaces, quén aló polo 1569 celebrou en Mondoñedo a primeira Festa da Árbore de Europa da cal se ten documentación. É unha celebración enfocada sobretodo ós nenos e nenas da cidade. Actividades ó aire libre, talleres, xogos, música, poesía, concurso de carteis e..... a Árbore como protagonista principal, fan desta actividade unha das máis bonitas que realiza a Asociación.

Festa da Árbore 2016

 

Coma tódolos anos a Asociación Cultural O Pasatempo celebra a chegada da primavera cunha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro sábado día 9 de abril en Mondoñedo.

A partir das 12h da mañá no Parque do Cemiterio Vello de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial. Dende esa hora haberá tamén xogos tradicionais (chave, tiro da corda, …) para todas as idades coa colaboración da Delegación de deportes do concello mindoniense. Finalmente arredor das 13:30h plantarase a árbore no propio Parque, acompañando o acto con música. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas adicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no “V Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil Galiña Azul de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Festa da Árbore 2015

 

Coma todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo.

A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade. Dende as 11h no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais, durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

 

 

 

 

Cartel gañador do "IV Concurso de debuxos da Festa da Árbore" Feito por Santiago da Escola Infantil.

 

 

 

 

Cartel gañador do "IV Concurso de debuxos da Festa da Árbore" Feito por Ánxo García.

Mondoñedo
Teléfono:
Teléfono móvil: 651958770
Fax:
Dirección de correo electrónico: