A.C. O Pasatempo Mondoñedo
A.C. O Pasatempo             Mondoñedo

Mercado Medieval

O segundo sábado de agosto, Mondoñedo retrocede ó Medievo para celebrar o seu popular Mercado. É o acontecemento que O Pasatempo está agardando todo o ano. Participamos de forma moi intensa nos actos programados, tendo incluso actividades propias que realizamos durante o Mercado. O venres, primeiro plato forte co "Rendemento de Bandeiras e homenaxe ós membros caídos" e posterior presentación dos poderes da auga, lume e terra ante o Mago Merlín, con purificación de bruxas.
O sábado, inauguración do Mercado co Merino e Merina e pasarrúas. Audiencias reais toda a tarde. O domingo, o outro plato forte coa celebración da "Voda Medieval" polo rito mozárabe.
Ademais das actividades, temos o noso campamento medieval montado os 3 días de Mercado nun lateral da Catedral.

Xa está todo en marcha para o XXIV MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO. Os días 7, 8 e 9 de agosto non te podes perder a mellor festa da cidade donde todos os veciños voltamos ao medievo. Este ano, coma todos os últimos a Asociación participa todos os días animando as rúas, nomeando Damas e Cabaleiros, organizando una voda e pasándoo moi ben que é do que se trata. LARGA VIDA AO MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO!!

Queres formar parte dun grupo de percusión e actuar no Mercado Medieval? Anótate ata este venres 3 de xullo na Oficina de Turismo, na Casa da Xuventude, mandando un privado ó facebook de O Pasatempo Mondoñedo ou en persona na Anpa Escola Música Mondoñedo o xoves 2 de xullo ás 21h. Escribe o teu nome e número de teléfono, e poñémonos en contacto contigo!!

Mondoñedo
Teléfono:
Teléfono móvil: 651958770
Fax:
Dirección de correo electrónico: